CANDO HAI UN IDEAL NA VIDA LOITASE POR UNHA VIDA CON IDEAIS
XAQUÍN CAMPO FREIRE.
CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO,
04-05-2015.
A preocupación central, case
exclusiva, dun recluso céntrase en saír en liberdade. É lóxico. É sinal de vida
e de esperanza.
A meirande parte do tempo consómese
en darlle voltas ao propio expediente e ver de establecer unha boa defensa. É
lóxico. O importante é estar libre canto antes.
Pero iso non impide que se susciten
por dentro outras preguntas: E ao día
seguinte, que? Que fago coa miña liberdade? De verdade son libre? De verdade
sei ser libre e actuar con liberdade? E a sociedade axúdame e permíteme ser
libre? Diría máis: Quérenme libre?
As grandes figuras de encarcerados
dos que temos memoria préstanse para unha reflexión a fondo: Mahatma Gandhi,
Nelson Mandela, Pablo de Tarso, Pedro o Apóstolo, Xesús de Nazaré, “o preso”,
etc.
Máis próximo a nós, territorialmente,
temos a Frei Luís de León. Durante cinco anos permanece illado nunha cela da
Inquisición sen saber quen o acusa e, durante algún tempo, de que se lle acusa.
No entanto, será no cárcere onde escribirá algúns dos seus mellores e máis
famosos poemas, como aquel que comeza:
Aquí la envidia
y la mentira
me tuvieron encerrado.
Dichoso el humilde estado
del sabio que se retira
de aqueste mundo malvado,
y con pobre mesa y casa
en el campo deleitoso
con sólo Dios se compasa,
y a solas su vida pasa,
ni envidiado ni envidioso
me tuvieron encerrado.
Dichoso el humilde estado
del sabio que se retira
de aqueste mundo malvado,
y con pobre mesa y casa
en el campo deleitoso
con sólo Dios se compasa,
y a solas su vida pasa,
ni envidiado ni envidioso
En 1576 sae libre do proceso con máis vigor e enerxía moral do que
antes de entrar, aínda que a súa saúde fica moi quebrantada. Fíxose famosa a
frase na súa volta á cátedra de Salamanca: «Decíamos ayer...». Con ela quere indicar o seu triunfo interior contra a maldade dos
seus inimigos.
Para crecermos como persoas precísase aproveitar moito a prisión e
tamén as crises persoais para, desde aí, modelar un auténtico proceso de
experiencia de maduración interior. Non é fácil e custa moito. Ninguén nos dixo
que os momentos das grandes probas, persoais e familiares, sexan doados.
Para medrarmos como persoas é preciso abrirse a novas e grandes
utopías. Que vou facer na miña vida de liberdade que valla a pena?
É fácil falar de memoria. Da dor e do sufrimento sempre nos falan
os que non pasaron por el. E iso, de que nos serve? Mesmo por iso, miremos de novo a eses modelos
que pasaron polas mesmas circunstancias: Ex.: Mandela, 27 anos preso, etc. Vale
a pena coñecelos a fondo.
Só cando hai un ideal de vida, se loita por unha vida con ideais.
Aí están eses compañeiros africanos que se lanzan con riscos de vida a loitar
pola vida.
Anímaste a descubrir e traballar un modelo de futuro de vida que
encha a túa vida e a dos teus? Iso merece liberdade e abrirase paso. Pero para
iso hai que traballar arreo, a diario e con teima neses proxectos aos que alude
a Constitución art. 25, § 2.
Os modelos van diante
testemuñándonos que as utopías son posíbeis. Pero cómpre sermos moi realistas e
con decisións valentes.
Un compañeiro que agora xa está en liberdade tróuxome un día esta frase do latín
clásico: “Hoc non pereo
habebo fortior me”. Alguén a deixara gravada
anteriormente nunha cela do módulo 7. “O que non me mata, faime máis forte”,
ou doutro xeito: “Se saio desta proba con ben, sairei máis fortalecido”.
Anímaste?
No hay comentarios:
Publicar un comentario