Mi lista de blogs

miércoles, 20 de abril de 2016


 


 ESTIVEN NO CÁRCERE: OUTRA XUSTIZA É POSÍBEL



XAQUÍN CAMPO FREIRE. 18-04-2016.



No Catecismo de Astete, xa de nenos, ensinábannos como valores fundamentais na vida as catro virtudes cardinais: Prudencia, xustiza, fortaleza e temperanza. A Xustiza transcende ao Dereito. Un Dereito que non asente na Xustiza seguro que non é xusto.

O tema é amplo, complexo e altamente especializado. Unha cita :“Otro derecho penal es posible: la cárcel no es la única solución, ni la mejor”. “Jueces, fiscales, catedráticos de derecho, profesorado, abogados, psiquiatras, médicos, sociólogos, entidades, organizaciones y ciudadanía de a pie, engrosan la lista de adhesión a la Plataforma Otro Derecho Penal es Posible, cuyos objetivos son informar de los problemas y carencias del funcionamiento del sistema penitenciario español y “HUMANIZARLO”, creando un derecho penal que genere la mínima violencia personal posible, garantice el respeto a los derechos fundamentales y proteja los intereses legítimos de reparación material y emocional a las víctimas”. (www.masvoces.org . Mallorca,23-06-2010).

A Pastoral Penitenciaria debe ter isto moi presente nas súas liñas mestras de relación, actuación e presenza nos distintos lugares e ámbitos: Vítimas. Cárceres. Presos. Familias. Voluntarios. Funcionarios. Xurídicos. Sociedade. Igrexas. Universidades. Sociedade en xeral. Etc. A Pastoral Penitenciaria ten de ser xusta e loitar pola xustiza. Por iso cómprenos coñecer os seus obxectivos e medios de actuación.

Que é iso da Pastoral Penitenciaria? É acción da Igrexa, de toda a comunidade crente, que pretende: 1) Levar aos homes e mulleres privados de liberdade a paz e a serenidade de Cristo resucitado. 2) Ofrecer a quen delinque un camiño de rehabilitación e reinserción positiva na sociedade. E atender ás vítimas. 3) Facer todo o posíbel para previr a delincuencia.

Non é só un plan de asistencia relixiosa senón un plan de atención integral á persoa concreta segundo as súas necesidades e no marco dos Dereitos Humanos. Non está limitada só aos muros carcerarios e debe actuar en tres áreas: xurídica, social e relixiosa

O cárcere é “como a desembocadura dun longo río social” con orixe en moitas fontes e con afluentes de moi diversos percorridos. Neste plan pastoral están os seguintes ámbitos: 1) A prevención. A loita multidisciplinar e coordinada para evitar esa desembocadura dolorosa, creando oportunidades para que cada persoa acade o seu desenvolvemento integral e integrador. A delincuencia xérase nos sistemas dunha sociedade inxusta, marxinadora, desigual, escravizante, empobrecedora, etc. E cómpre actuar por un desenvolvemento humanizado e humanizador nas cidades, nas nosas barriadas e aldeas, contra a trata e abuso de persoas e contra as estruturas da inxustiza e criminalidade. 2) O acompañamento, comprensión, alento e axuda durante o internamento. Que difícil nos resulta cando alguén nos fixo dano non seguir respirando pola mesma ferida. Que podreza no cárcere! Unha ferida sempre aberta e mal curada é mala para todos. Segue a producir moita dor, inféctase e mesmo contamina. O único que reporta é unha inmensa soidade para quen a padece e para todos. E mellor sandarse. Axudar a saír das miserias crea grande gozo na alma. 3) A reinserción, rehabilitación e resocialización. «O cárcere  é durísimo». “A sociedade non é consciente do que supón estar preso; é unha devastación vital”. Unha sociedade mídese tamén por abrir portas á misericordia e rehabilitar. “Odia o delito e compadece ao delincuente”, dixo Concepción Arenal.

Atender ás vítimas. Elas son as grandes esquecidas. Todos somos inxustos con elas. Deixámolas aí, soas, invisíbeis e invisiblizadas.

”Os días, con gozos e con penas, deixaron ao pasaren marcas na alma. Igual que no camiño os nosos pés foron marcando cada unha das pegadas”. As marcas da alma leva anos curalas. Na sociedade axiña etiquetamos e damos todo por perdido. Cómpre aprendermos a axudar axeitadamente a curar as feridas. “O cárcere non é nin o único nin o mellor dos sistemas sociais de resolución de conflitos. Mentres este tema non o xestionemos favorablemente, outro mundo mellor non será posíbel”. Abrir portas á misericordia supón saber acoller e ofrecer segundas oportunidades. Unha sociedade que condena e illa para sempre ao débil ou ao que se equivoca, que non ofrece saídas dignas a cada ser humano, leva dentro de si mesma un cancro de morte que tarde ou cedo vaina destruíndo vitalmente. O perdón e a longanimidade son dons e froitos do Espírito de Deus, señor e dador de vida, que toda unha comunidade ten de ter no seu ADN.

O ideal é andar cara a un proceso de Xustiza Restaurativa: Unha resposta sistemática fronte ao delito. Centrada, máis que no castigo inmisericorde, na cura e coidados para sandar todas as feridas causadas en vítimas, delincuentes e comunidades. Outra  xustiza é posíbel e xa se está abrindo camiños.

“Oh Deus, concédenos serenidade para aceptar as cousas que non podemos cambiar; valor para cambiar as que poidamos cambiar e sabedoría para coñecermos a diferenza; vivindo un día cada vez, desfrutando un momento cada vez; e aceptando as adversidades como un camiño cara a paz”. 

sábado, 9 de abril de 2016

ABRIR PRISIÓNS INXUSTAS


UN ANO DE GRAZA DO SEÑOR: ABRIR PRISIÓNS INXUSTAS

XAQUÍN CAMPO FREIRE,. TEIXEIRO, 06-04-2016



Cal delas? Bonxe ouTeixeiro? Ámbalas dúas fican a escasos quilómetros da raia divisoria entre a nosa diocese e as de Lugo ou Santiago. Son eses os cárceres aos que se refire Isaías? Ou máis ben estará a falar de persoas, de todos os “prisionizados” do mundo por calquera xugo de calquera escravitude e tamén dos dos barrotes dos centros penitenciarios?

Nós, como diocese, xa non temos hoxe edificios dedicados a centros penitenciarios. Digo, hoxe, porque en Mondoñedo, Ribadeo, Vilalba, Ortigueira e Ferrol, aínda na miña acordanza, si que existían as mazmorras, calabozos ou prisións e funcionaban como tais. Eu aínda fun ver xente  retida polo xuíz nun deses lugares, no anos 1965-1968 en Ortigueira. En Ferrol tiñamos a civil e as dos militares. Daquela, ... , xa non temos misión?

Hai moitos presos, familias de presos, vítimas de diversos abusos ou agresións, etc. Xesús fala deles, deses presos onde queira que se atopen.

Na espiritualidade ignaciana danse uns PUNTOS DE  MEDITACIÓN.  Un clásico. Eu hoxe quero moverme nesta clave para que cadaquén logo reflexione con liberdade e tire as conclusións que a conciencia lle dite.

Punto básico: Amarás a Deus e ao próximo como a ti mesmo. E Francisco  insiste en abrir portas á misericordia.

Cales son elas? Onde están? O Papa, seguindo a Xesús Cristo, váinolas indicando a cotío. Invita a saírmos ás periferias da vida ao descubrimento delas na propia realidade do hábitat onde cada ser humano desenvolve a súa vida para ir ao encontro das persoas e das situacións estruturais concretas. Non son teorías. Os cárceres existen e están no medio de nós a cotío. É costume doerse das calamidades do mundo. Das que pasan lonxe. Incluso mandar unha esmola ou facer discursos. Está ben. Son necesarios. Sempre que non sirvan de durmideiras.

Porque é preciso baixar á realidade concreta, á que me arrodea a min, hoxe e aquí ou lonxe, e facer unha análise completa. O que chamamos unha “re-visión” evanxélica da vida.

O primeiro sería un VER: Refuxiados, emigrantes, perseguidos, abusados, traficados, desafiuzados, parados, prostituídos, invisibilizados, nenos da rúa roubados e logo “desguazados” para órganos humanos, torturados, secuestrados, presos, enfermos, encamados, coidadores, analfabetos funcionais, pobres, miserentos, solos, tristes, loucos e tolos, abandonados, mulleres maltratadas e asasinadas, modelos conceptuais de posesión como propiedade absoluta ou parcial do outro do  que“son dono e perténceme”,  ou os abusos da natureza e dos bens sen límite, corrupcións múltiples e moi enraizadas, etc. Todo iso pasa aquí. Entre nós. Tamén temos crime organizado. Todos eses son cárceres. E tamén son portas de misericordia.

Descubro eu moitas outras? Máis aínda. as propias e as dos irmáns ou nas miñas contornas concretas?

Porén sería enfermizo ficar nunha análise só desde este cariz negativo e pesimista. Onde están os “signos dos tempos” que nos revelan resurrección e vida, compromiso e entrega? Porque os hai. Onde percibo as chamadas que me invitan a asociarme e a ser e estar presente e activo no mundo que se vai facendo reino de Deus, que vai saíndo dos “tinglados” e armadillos da inxustiza, da miseria e do “pecado do mundo”?

O ser humano ten de loitar contra toda inxustiza e ser solidario. Así o están demostrando tantísimos que arriscan incluso a vida: Voluntarios diversos, “médicos Mundi”, traballadores, empresarios honrados, profesionais, científicos, xentes humildes, misioneiras e misioneiros, etc. Son un exemplo que xera esperanza no mundo. Os cristiáns, con moito máis motivo, temos de encher o mundo de utopías que se van realizando entre cantares de vida e resurrección en auténtica doazón e entrega como tantos grupos comunitarios. “Non hai vida cristiá sen comunidade” (Michonneau, 1961). Vainos niso a fe. Se Cristo non resucita en cada irmán, a nosa fe é vana. Por iso cómpre dar un segundo paso totalmente esencial

XULGAR. DISCERNIR: Que fácil, que doadiño resulta cruzar unha porta santa dunha catedral, ir de peregrinación-excursión a tal santuario, acender velas tan altas coma min, facer camiños ou carreiras de Santiago ou ao santo André de Teixido,  confesar e comulgar e rezar polo Papa. E iso está  moi ben. Incluso pode ser unha graza de Deus que me espera nun recanto o nun encontro con alguén. Pero esas son portas de chegada, a onde hai que ir coas mans e a vida moi cheas de compromisos reais e operativos. Con remedios de implicación persoal e comunitaria, traballadas moi seriamente nas portas de saída anteriormente citadas.

Andamos cheos de dúbidas e preguntas. Serán estas mesmas? Cal deles é o teu próximo, preguntou Xesús?  Supoño que aquel que atendeu e curou ao ferido, respondeu o azorado.

Que debemos facer?, preguntaba a xente:  E Xoán contestáballes: Quen ten dous vestidos, déalle un a quen non ten ningún; e quen ten comida, compártaa con que non ten nada.  Achegáronselle tamén algúns dos que cobraban impostos para Roma e preguntaron: Mestre, qué debemos facer nós? Non cobredes máis do ordenado.Tamén algúns soldados lle preguntaron: E nós, qué temos de facer? No quitedes nada a ninguén con ameazas ou falsas acusacións. E conformádevos coa paga. Así e con outros moitos consellos anunciaba Xoán a boa nova á xente. (Lc 3,10-18).

 “Que temos que facer, irmáns?”. Pedro contestou: arrepentídevos e bautizádevos no Nome de Xesús, o Mesías, para que os pecados  vos sexan perdoados. Daquela recibirán o don do Espírito Santo os que o Señor, o noso Deus, queira chamar, aínda cando estivesen alonxados”.

 “O que eu quero é este outro xaxún: desatar os lazos da maldade, desfacer os sometementos dos xugos, darlle a liberdade aos quebrantados e arrancar todos os xugos. Partir o teu pan co famento, e aos pobres sen fogar recibilos na casa.  Que cando vexas un espido o cubras e non te apartes do teu semellante nin lle torzas a cara?” (Is. 58).

Agora, persoal e comunitariamente iluminados xa por unha visión renovada, plena de confianza, fe e esperanza, tamén coa oración e relación directa e pausada con Deus, cómpre volver á realidade para transformala  

ACTUAR.  É o terceiro paso. O compromiso. En de non, o proceso ficaría manco.Con este espírito de Deus acheguémonos de novo á realidade de todos os cárceres da vida e faremos o milagre que cada día nos vai inspirando e esixindo o Espírito: Serán barriadas renovadas, redención dos diversos cativeiros: drogas, alcohol, fracasos de todo tipo, política, sanidade, etc. Dinos Mans Unidas: “Plántalle cara á fame: Sementa en África, América, Asia”.

A PRIMERA COMUNIDADE. Acudían asiduamente á ensinanza dos apóstolos, á convivencia, á fracción do pan e ás oracións. Todos os crentes vivían unidos; compartían todo canto tiñan, vendían dos seus bens e propiedades e repartían despois o diñeiro entre todos segundo as necesidades de cada un. Todos os días se reunían no Templo con entusiasmo, partían o pan nas súas casas e compartían a comida con alegría e con grande sinxeleza de corazón. Loaban a Deus e gañaban a simpatía de todo o pobo; e o Señor agregaba cada día á comunidade aos que quería salvar. (Act 2, 37-47).   

Ao mellor chega á túa vida una chamada para ir lonxe ou incluso a un centro penitenciario: Estiven no cárcere e viñestes verme. Estiven en calquera cárcere da existencia e ti achegácheste a verme, a falarme, a quererme, a atenderme, a acompañarme, a apostar por min cando ninguén daba por min nin unha miseria de euro. Era eu. Non me torcestes a cara, escoitástesme, tratástesme coma un irmán. Entrade no gozo do meu Señor.

Hai un programa na radio sobre ecoloxismos e protección do medio ambiente que remata sempre así: “Fai xestos. Os pequenos xestos son poderosos”.  A forza dos débiles cambia o mundo. “Non temos nas nosas mans as solucións para os problemas do mundo. Pero fronte aos problemas do mundo, temos  as nosas mans. Cando o Deus da historia veña, ha mirar as nosas mans. Se amamos a nosa terra, que a mañanciña nos pille sementando”. (Menapace).

Lembrades os do rural? Comparado coa grande amasada da artesa familiar para toda unha semana, o fermento era mínimo, case insignificante. Se  non se botou a perder, ten unha forza interior tan transformadora que  en poucas horas levanta toda a fornada para a cocedura.

E comezou a dicirlles: Hoxe cumpriuse esta Escritura diante de vós. O Espírito do Señor está sobre min, por canto me  unxiu para dar boas novas a aos pobres; envioume sandar aos quebrantados de corazón;  pregoar liberdade aos cativos; darlle vista aos cegos; pór en liberdade aos oprimidos; predicar o ano da graza do Señor. A chamada de Deus chéganos a todos na vida: Pois agora vai e fai ti o mesmo: Abrir prisións inxustas.

Á ordenación do novo bispo, representando un mundo de pobres e empobrecidos, irá un grupiño de reclusos e algúns funcionarios, ávidos todos de encontrar unha igrexa diocesana que testemuñe estar disposta a abrir portas de misericordia e a escoitar este clamor: “Somos cárcere e necesitamos comprensión, mans e corazóns de misericordia. Precisamos dos diversos apoios de toda a comunidade para unha nova oportunidade”.

martes, 5 de abril de 2016

La vida en una estantería

Era una tarde del verano del año pasado, cuando se me presenta en casa una señora vestida impecable de traje negro;  de un talante decidido  y como  acostumbrada a mandar. Venía un poco nerviosa y agobiada, me coloca encima de la mesa del despacho una urna de cenizas. Yo había seguido el caso, y sabia de quien se trataba, era  un interno del centro penitenciario de Teixeiro. Se había puesto enfermo, estando en prisión, se le había traslado al hospital de A Coruña y falleció al poco tiempo. Edad 51 años, con un pasado violento y de pocos amigos.
Su muerte puso en funcionamiento el "negocio funerario", y se enfrentan dos empresas por quien se lleva el difunto, paga la cárcel, la chica de negro había conseguido el muerto; se veló en un tanatorio de A Coruña; familia presente ninguna, y no porque no la tuviera; una interna de la prisión veló el cadáver durante toda una tarde en calidad de ser su novia; también me consta que algún funcionario del centro, pasó por el tanatorio, lo que demuestra el buen hacer y la calidad humana de los funcionarios de prisiones, y yo apliqué una misa por su alma en la parroquia, -la gente se miraba la una a la otra cuando pronuncié su nombre, y diciéndose, ¿Quién sería ese?.
Como no había quien recogiera las cenizas, me ofrecí a darles sepultura, aún que no inmediatamente; coloqué las cenizas en la estantería de mi despacho.  Durante todo un año, cuando se me presentaba la ocasión,¡ y se me presentó varias veces!, señalaba con el dedo la urna,  le decía al que tenía enfrente: "haz lo que quieras, pero mira..., ese acabó ahí", algunos se me levantaron de la silla, ruborizados..., se callaban un momento y luego asentían con la cabeza.

Mi amigo "el de la urna" después de su muerte fue capaz de ayudar a varios de sus colegas en libertad condicional, como diciéndoles: "aprovechad la vida que Dios os ha dado, respectad la libertad de la sociedad".  Ahora toca darle cristiana sepultura. No conozco su religión, pero tampoco me importa; ¡ a lo mejor incluso se bautizó en alguna de nuestras parroquias, o incluso pudo haber hecho la primera comunión..... ¡No lo se!



Manuel Garcia Souto
Responsable del Secretariado de Pastoral Penitenciaria